Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 26 Fonte Escura, A A pesar de non presentar un número moi alto de vivendas, xa no século xviii parece adiviñarse a futura explosión urbana que había de experimentar toda a zona sur da parroquia de Candeán. Chama moito a atención que das sete vivendas rexistradas noCatastro de Ensenada, catro delas dispuxeran xa de andar superior. Ao núcleo orixinal pertencían ademais hortas, viñas, cultivos de regadío e de secaño, monte, pasteiros e devesa. Esta antiga devesa, hoxe inexistente, presentaría unha extensión aproximada dunha hectárea e podería solaparse con dous topónimos A Devesa rexistrados na recollida de campo, que existen nas proximidades da Fonte Escura. O topónimo A Fonte Escura (que aínda se pode escoitar na parroquia, a pesar da presenza do castelanismo «A Fonte Oscura») inclúe o adxectivo escura , procedente do latín obscurus ‘escuro’. Refírese probablemente a un lugar pouco iluminado (Marqués Valea, 2004). A Fonte Escura é o nome dun dos barrios máis poboados de Candeán, pero ademais existe unha fonte co mesmo nome, que na súa situación orixinal manaba dunha mina de auga situada nun socalco. A orixe do topónimo A Fonte Escura podería estar, quizais, nunha antiga mina de auga hoxe pechada cunha porta metálica, que aínda se conserva dentro dun muro de formigón. Un lugar posiblemente escuro e sombrizo no pasado. Ademais de A Fonte Escura (nome que reciben o barrio e a fonte), existen os topónimos O Camiño da Fonte Escura e Os Campos da Fonte Escura . Freiría, A Situada ao pé do castro do mesmo nome, A Freiría xa existía como núcleo habitado cando se redactou o Catastro do Marqués da Ensenada, no século xviii . Constaba naquel momento de sete casas terreñas, e outra máis en ruínas, rodeadas de hortas e cultivos de secaño, nas proximidades dun monte e unha pequena devesa. A Freiría localízase na área de transición entre os campos de cultivo e do monte, e constitúe un dos núcleos máis definidos do Candeán actual, no que podemos recoñecer aínda unha estrutura característica de poboamento rural, formada por un núcleo habitado rodeado de terras agrícolas.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1