Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

25 T O P Ó N I M O S serían, en realidade, as barricas do viño que se introducían na presa que existe baixo a fonte. Procurábase así que incharan e se volveran herméticas para preparalas para a trasfega do viño. A propia palabra barca pode designar tamén unha artesa para gardar a fariña (Rivas Quintas, 1978). A forma barca semella proceder, no entanto, dun termo prerromano que aludiría a diversos obxectos de forma cóncava, como os barcos e as artesas, mais tamén as posicións topográficas deprimidas, como as concavidades naturais do terreo. Ese podería ser o significado de moitos topónimos que presentan este nome (Marqués Valea, 2004; Navaza Blanco, 2011). A Fonte da Barca dá nome tanto ao núcleo habitado coma á propia fonte. Ademais, no mesmo lugar existen os topónimos O Pilón da Fonte da Barca (lavadoiro) e O Camiño da Fonte da Barca ou Camiño da Barca . A Fonte da Barca , conxunto formado por fonte, lavadoiro e presa. Na actualidade este espazo encóntrase en estado de abandono.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1