Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 24 catro casas terreñas e unha casa «de un alto». Hoxe en día, porén, A Fonte Branca forma parte dunha extensa área urbanizada, que forma un continuo que abrangue practicamente todo o sur da parroquia de Candeán. A palabra fonte provén do latín fons , fontis ‘fonte’, a través da forma medieval fontem (Marqués Valea, 2004). O adxectivo branca podería aludir a algunha característica da fonte orixinal, que quizais manaba dunha pedra de cor clara, ou con abondoso mineral de cuarzo na súa composición. Imaxe actual da Fonte Branca , hoxe en día transformada nun espazo urbanizado Fonte da Barca, A No Catastro de Ensenada, apenas aparecen vinculadas a este núcleo unha casa terreña e outra en ruínas, ademais duns terreos de secaño. Hoxe en día, non obstante, a actual Fonte da Barca é un barrio densamente poboado que forma un continuo coa Fonte Escura. A pesar de que este nome coincide co dunha embarcación ( barca , do latín tardío barca ), o lugar non ten ningunha relación con ningún río nin masa de auga navegable. Segundo a versión local, estas barcas

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1