Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 22 Erminde No ano 1753, Erminde era un núcleo rural dos máis destacados da parroquia, integrado por oito casas terreñas e unha casa «de un alto», ademais doutras dúas vivendas en ruínas. Arredor deste casal existían hortas e terras de regadío, ademais de secaños e monte. Semella que existiu unha certa vinculación histórica entre este lugar e A Devesa , que naquel tempo se encontraba practicamente deshabitada (a excepción dunha única casa terreña), pois oCatastro de Ensenada rexistra o topónimo «Herminde da Devesa», que identifica cunhas terras de secaño. O Nomenclátor de Galicia inclúe este topónimo como Ermide . Temos que advertir, non obstante, que a única forma que recollemos no traballo de campo foi Erminde , que coincide ademais en todos os casos co Catastro de Ensenada, documento que rexistra os topónimos «Herminde», «Cocho de Herminde» e o citado «Herminde da Devesa». De tratarse do mesmo topónimo que Ermide , procedería dun anterior Ermida . A evolución de Ermida a Ermide produciuse por relaxación da vogal final (Navaza Blanco, 2006). O topónimo Ermida é moi frecuente en Galiza; alude a unha capela ou santuario situado nun lugar despoboado, que na antigüidade se encontraba ao coidado dun ermitán (Rodríguez Gil, 1863). Non obstante, como xa apuntamos anteriormente, a única forma deste topónimo que temos rexistrada é Erminde . A terminación -inde que presenta remítenos a un posible antropónimo de orixe xermánica, que estaría incluído dentro do nutrido grupo de nomes de lugar de procedencia sueva acabados en - ende ou - inde , como Mosende, Ermosende ou Ermesinde. Trataríase neste caso dun antigo lugar ou asentamento altomedieval propiedade dun señor con nome xermánico, que incluiría o elemento ermen - ‘grande, magno, universal’. En relación co topónimo Erminde , existen ademais Os Campos de Erminde e As Presas de Erminde . Esqueiriña, A Dúas únicas casas terreñas, coas súas hortas e cultivos de regadío e de secaño. Así era o núcleo da Esqueiriña no ano 1753. Co paso dos anos conservou o seu carácter de pequena localización rural, situada no límite entre os espazos agrícola e forestal.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1