Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

21 T O P Ó N I M O S privilexiada permitiría en tempos defender máis facilmente o núcleo orixinal e vixiar os cultivos que o rodeaban. O segundo elemento do topónimo Cotobade podería derivar do latín abbas , abbatis ‘abade’. Cotobade significaría nese caso O Coto do Abade , lugar de residencia do superior dun mosteiro ou convento ou, máis probablemente, do párroco de Candeán. Tense apuntado tamén unha segunda posibilidade: que se trate do nome persoal medieval Vatis (en xenitivo bade ), como suxeriría a forma «Cottovade», rexistrada nun documento do ano 1180 ( Iano Paralioneco y Parameco , Nicandro Ares). Actualmente, este barrio da parroquia de Candeán recibe os nomes de O Cotobá (ou Os Cotobás ), O Lugar do Cotobá e O Lugar de Cotobade . Aínda que resulta frecuente escoitar o topónimo de maneira reducida (Cotobá) , no Catastro de Ensenada o lugar aparece rexistrado na súa forma completa «Cotovade». Véxase A Coutada do Abade , O Coto. Eido de Arriba, O Este pequeno grupo de tres casas terreñas, que aparecen incluídas no Catastro de Ensenada, semella que non coincide con ningún dos principais barrios ou lugares actuais de Candeán. Por outro lado, a existencia da palabra eido como xenérico de uso frecuente non contribúe precisamente a facilitar a localización do antigo casal. As entrevistas realizadas revelaron a existencia dun mínimo de nove lugares distintos onde se repite o topónimo Eido (véxase O Eido ). A palabra eido procede do latín aditum , participio do verbo adire ‘engadir’. Refírese ao terreo anexionado directamente á casa, que en moitas ocasións forma unha unidade pechada con ela, protexida do exterior por medio dunha parede de pedra. De forma máis xenérica, tamén comprende os campos de cultivo próximos á vivenda. O termo oposto a eido é enxido , do mesmo modo que en latín aditu é antónimo de exitu . Enxido é outra forma de uso frecuente na parroquia de Candeán, que designa o terreo próximo á casa onde se cultivan árbores froiteiras. Aínda que en orixe os significados sexan antagónicos, en realidade eidos e enxidos ocupan unha posición física próxima entre si (Rivas Quintas, 1982). Do mesmo modo que sucede coa forma eido , os enxidos deixaron rastro igualmente na toponimia de Candeán.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1