Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 20 que se localiza sobre os muíños da Goleta. Pero existen cando menos outros catro topónimos co mesmo nome, noutros tantos lugares da parroquia de Candeán. Semella que, en todo caso, A Cavadiña orixinal non se corresponde con ningún dos barrios actuais. Entre a Alta Idade Media e mediados do século xix , moitas antigas superficies de monte (cubertas nalgúns casos de bosques, noutros de mato) foron transformadas en novas áreas agrícolas. O proceso incluíu a eliminación do arboredo ou mato preexistente, a cavadura do terreo e a súa plantación posterior. Foi especialmente intenso ao longo dos séculos xvii e xviii , debido á introdución de dous novos cultivos desde América que revolucionaron a agricultura galega: o millo e a pataca. Cavadiña é o diminutivo de Cavada , participio do verbo latín cavare ‘cavar’. Este, á súa vez, deriva de cavus , - a , - um ‘oco’. Cavar o terreo é unha forma de arar, de modo que o topónimo Cavada sinala esas novas superficies de cultivo que lle foron arrebatadas ao monte. No ano en que se realizou o interrogatorio do Catastro do Marqués da Ensenada en Candeán (1753) este fenómeno encontrábase en pleno apoxeo. Na actualidade, algúns dos actuais topónimos A Cavada de Candeán continúan coincidindo con zonas de transición entre os campos de cultivo e as zonas forestais, que presentan aínda unha baixa densidade urbana. Co mesmo significado de Cavada , existen outros topónimos en Candeán que designan estas novas superficies agrícolas: A Cachada , A Cachadiña , A Vesada , A Rotea e A Roza . Como topónimos relacionados, aparecen A Fonte da Cavada , O Lugar da Cavada , O Lavadeiro da Cavada e A Cavada Vella . Cotobade, O O núcleo rural de Cotobade estaba formado naquel tempo por tres casas terreñas con horta, cultivos de secaño e monte. Canto á orixe deste topónimo composto, o primeiro elemento non presenta ningunha dúbida: trátase da palabra prerromana cotto ‘elevación do terreo’. Efectivamente, o actual barrio de Cotobade está situado nunha posición elevada, desde a cal se domina unha ampla superficie habitada e ocupada por vivendas, terras de cultivo e as últimas parcelas forestais ou coutadas que aínda permanecen sen urbanizar. Esta situación

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1