Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

19 T O P Ó N I M O S estar detrás de moitos dos incendios forestais producidos nas áreas de montaña. Os seus efectos vense agravados hoxe en día polo abandono das prácticas agrícolas tradicionais e a diminución da cabana gandeira. O significado orixinal do termo busto pasaría a transformarse en ‘pasto’, cun sentido moito máis amplo. Andando o tempo, este termo decaería na fala viva como xenérico e substituíuse pola voz queimada . A palabra busto e as súas formas derivadas quedarían fosilizadas entón como topónimos. Relacionado así mesmo coa gandaría de vacún, temos en Candeán o topónimo A Vaquería (castelanismo que traduciriamos como A Vacaría ), lugar situado na Fonte Escura. O Busto , topónimo relacionado con antigas prácticas gandeiras Cavadiña, A No século xviii , A Cavadiña era un pequeno asentamento composto por unha casa terreña con horta e unha segunda vivenda en ruínas, rodeadas de monte e devesa. Non estamos certos da súa situación exacta. Podería coincidir co actual lugar de A Cavada , pequeno núcleo

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1