Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

S ERVIZO DE P UBLICACIÓNS A elaboración do mapa toponímico de Candeán, nos anos 2012 e 2013, permitiunos rexistrar un elevado número de topónimos. Este rico material ofreceunos a posibilidade de introducirnos en diversos aspectos da vida de xeracións e xeracións de veciños e veciñas que moraron na parroquia: a topografía do territorio que habitaban, os nomes da auga (tanto os cursos de auga e zonas húmidas de tipo natural como as estruturas artificiais de acumulación, condución e aproveitamento das augas), os animais –salvaxes e domésticos– cos que convivían, os cultivos, a flora silvestre que medraba de maneira espontánea en campos, montes e ribeiras, as antigas arroteas dos bosques e matos que abriron novos espazos á agricultura e á gandaría, os lugares onde residían, os distintos elementos de arquitectura popular, as vías de comunicación polas que transitaban, a historia, a estrutura social e as relacións que existían entre os seus membros, os alcumes familiares e a información etnográfica que estes conteñen, a transformación das materias primas, as actividades económicas, a historia, a relixión, as lendas populares… Agardamos que este traballo vos permita redescubrir a parroquia de Candeán a través da súa toponimia, parte imprescindible do seu patrimonio cultural inmaterial, e investigar sobre os distintos significados agochados detrás dos nomes da terra, non como unha obra rematada, senón como un convite a continuar pescudando. S ERVIZO DE P UBLICACIÓNS S ERVIZO DE P UBLICACIÓNS

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1