Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 18 secaño e monte. Arredor do lugar do Busto existen tamén Os Campos do Busto , O Camiño do Busto e As Coutadas do Busto . O topónimo Busto e os seus derivados ( Bustelo , Bustarega etc.) son moi frecuentes na toponimia de Galiza, Asturias e norte de Portugal. En documentos medievais datados entre os séculos ix e xiii a palabra busto aparece de maneira moi profusa, tanto en forma de topónimo como de xenérico. Nesta segunda forma, o seu significado máis común é de «pasto», e utilízase en moitas ocasións como sinónimo de «braña». Xeralmente, refírese a pastos de gando vacún, bustum vaccalem , e máis raramente a pasteiros de ovellas, bustum ovile . Ata mediados do século xix , a lingua bable conservaba aínda a forma bustia como xenérico, co mesmo significado de «pasto». Dalgúns documentos medievais semella desprenderse por outro lado unha certa evolución semántica do termo busto , que nalgúns casos pasaría a ser sinónimo de «rabaño de gando vacún». Así mesmo, tamén lles daría nome a pequenos núcleos rurais, onde a actividade gandeira sería moi importante. Como sinala Gonzalo Navaza Blanco (2007a), moitos lugares habitados que presentan as formas O Busto ou Bustelos teñen a súa orixe na Alta Idade Media. Tratábase de antigas explotacións gandeiras ao coidado dunha familia de servos, onde encontraba refuxio e alimento o rabaño do seu señor. A respecto da orixe da palabra busto , presentamos dúas posibles etimoloxías. Na primeira delas (Navaza Blanco, 2007a), trataríase dunha forma prelatina, concretamente preindoeuropea. Estaría relacionada nese caso co latín bos , bouis ‘boi’. Sería unha palabra iberorromance de uso común ata a Idade Media. Aparecería documentada por vez primeira nas inscricións celtibéricas en bronce de Botorrita (Zaragoza) como «Boustom». Na segunda posibilidade derivaría de bustu , participio do verbo latino burere ‘queimar’. A voz bustu ou bustum tería o significado de ‘terreo queimado para a obtención de pastos’. Como é sabido, a queima de pastos –particularmente de pastos leñosos– era unha práctica moi común. Tiña como finalidade a renovación dos pastos para especies como a vaca e a ovella, así como a eliminación dos obstáculos que dificultaban o seu tránsito. Noutros casos, estas queimas eran destinadas á ampliación das superficies agrícolas e gandeiras deforestando os bosques orixinais. Na actualidade, a persistencia destas prácticas pode

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1