Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
17 T O P Ó N I M O S monte», dos que 50 serían monte «ynutil por naturaleza» (entendemos que se trataba de áreas de pasto natural ou mato non cultivadas nin arboradas). O significado deste topónimo non está claro. Podería tratarse dun diminutivo de avelán, avelao (Hypericum androsemum) , planta da familia das hipericáceas con grandes follas e vistosas flores amarelas con numerosos estames, que habita nas ribeiras dos ríos e zonas húmidas e sombrizas. Non obstante, o nome desta especie é masculino (o avelán) e coñecida en Candeán como herba de San Xoán . Na comarca existen diversos topónimos derivados de abeleira (Corylus avellana) , arbore caducifolia silvestre que produce un froito seco chamado abelá. O máis frecuente deles podería ser o abundancial abeleiral (véxase O Abeleiral ), que designa terreos que estiveron poboados de abeleiras. No entanto, o topónimo Balanciña non puido descender da forma abeleira . Iván Sestay Martínez (2010) apunta á existencia dunha variante abelán , presente no Val de Fragoso e no Morrazo, que alternaría de xénero entre o feminino a abelán , do latín ( arborem ) abellanam e o masculino o abelán , de abellanum . Neste caso, o topónimo Balanciña ben puido derivar do diminutivo abelanciña ‘pequena abeleira’, ao que lle sería suprimido o falso artigo inicial ‘a’. Non podemos desbotar, porén, unha posible orixe lúdica do topónimo, que podería ser un diminutivo de balanza . Unha balanza é un instrumento de medida utilizado para pesar un determinado corpo. Pero tamén pode ser sinónimo de bambón ou arrandeadouro : pau apoiado nun punto central que serve como coñecido xogo infantil, onde dous cativos/as sentan nos extremos subindo e baixando alternativamente. Non resulta infrecuente que os lugares de xogo de crianzas e maiores acaben sendo incorporados á toponimia da parroquia. Así, temos A Escorregada (Candeán), A Laxe do Escorregadouro (Chandebrito, Nigrán), O Xogo do Balón , O Xogo dos Bolos e O Baramboadouro (Coruxo). Na Balanciña ou As Balanciñas encóntranse A Fonte da Balanciña , A Presa da Balanciña , O Camiño da Balanciña e O Canaval da Balanciña . Busto, O Aparece documentado no Catastro de Ensenada como un pequeno núcleo rural formado por tres cativas casas terreñas con horta, terras de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1