Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 182 Mouros, Os O substantivo mouro podería referirse aos habitantes do norte de África, pero na tradición popular galega os mouros eran os habitantes dos poboados e enterramentos prehistóricos (castros e mámoas), nas fortalezas altomedievais ou en formacións xeolóxicas singulares, que semellan ser obra do ser humano. Vivían ocultos da vista dos labregos e labregas en fastosos pazos subterráneos, e levaban unha existencia paralela á das antigas comunidades labregas, coas que raras veces entraban en contacto. Son protagonistas de multitude de lendas populares, tamén na parroquia de Candeán. Segundo a información recollida, vivían baixo A Torre dos Mouros , que estaba comunicada a través dun túnel co castro de Codeside. Na coroa do castro encontrábase A Praza dos Mouros , que usaban como lugar de reunión. As mouras utilizaban a condución subterránea para baixar ata o río de San Cristovo, onde lavaban e peiteaban os cabelos. Tamén a través do mesmo túnel os mouros baixaban a alimentar os seus cabalos a Parada (Cabral). Alí abrían os canastros dos veciños e veciñas para darlles de comer as mazarocas de millo ás súas monturas. Mouro procede da palabra latina maurus ‘mouro, habitante da Mauritania ou de África en xeral’. Quizais se produciu unha certa asimilación entre o pobo mítico dos mouros e os árabes que ocuparon a península entre os séculos viii e xv . Tiñan en común o seu carácter de pobos estraños que non profesaban a fe cristiá, ben por abrazaren outras relixións distintas, ben por estaren relacionados con antigas culturas ou vestixios arqueolóxicos precristiáns, como as que habitaron Galiza durante o Neolítico ou as idades do bronce e do ferro. A toponimia relacionada con estes seres máxicos está localizada noutros tantos restos arqueolóxicos e históricos da parroquia de Candeán: — — A Praza dos Mouros (na coroa do castro de Codeside). — — A Torre dos Mouros (na fortaleza medieval do mesmo nome). — — A Casa dos Mouros , tamén chamada Cortello dos Mouros , Pedras do Mouro ou Pedras dos Mouros , enclavada na Coutada dos Mouros . É a mámoa mellor conservada da parroquia de Candeán (está situada sobre o barrio da Devesa).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1