Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

181 T O P Ó N I M O S aquí as infinitas estratexias que discorría para rirse a conta da xente resultaría interminable. Non obstante, o seu carácter era burlesco pero non maléfico. No ano 1933, Xaquín Lourenzo recollía en Lobeira (Ourense) unha lenda que explicaba a orixe deste ser (2004): Cando Deus rematou de criar o mundo, convocou os anxos para que entrasen con el no ceo. No momento en que considerou que xa todos estarían dentro, pronunciou a frase: «sursum corda». As portas do ceo pecháronse entón para sempre. Pero un anxo demorouse polo camiño, e cando chegou ás portas do paraíso encontrouse con que a entrada estaba pechada. O anxo tardón (ou tardo ) tivo que ficar neste mundo por causa da súa preguiza, converténdose nun demiño de carácter non maligno que se divirte polas noites facéndolle trasnadas á xente. Como o seu pecado foi leve non está permitido facerlle mal ningún, de modo que para defenderse das súas trasnadas só se pode recorrer a certas fórmulas e esconxuros. Lugar onde se situaba A Fonte do Tardo , destruída polas obras de construción da autoestrada. Á desaparición física da fonte temos que sumar a perda da tradición oral asociada. O topónimo alude á aparición habitual neste lugar do personaxe máxico do tardo

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1