Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 180 Segundo a tradición oral de Candeán, neste lugar situábase a antiga igrexa parroquial, antes de edificarse a actual uns 150 metros máis arriba. Cando se abandonou o antigo santuario, a superficie na que se asentaba pasou a denominarse A Terra Santa . Durante un tempo ninguén se atreveu a tocala, pero finalmente foi poxada, e pasou a mans da familia Echevarría. Polo que sabemos, foi vendida posteriormente a veciños de Candeán. Na actualidade resultaría moi difícil encontrar restos da posible edificación histórica, pois a maior parte desta zona desapareceu polo trazado da AP-9 en Candeán. A s lendas Fonte do Tardo, A O tardo formou parte da tradición oral da parroquia de Candeán e foi protagonista con seguridade de multitude de relatos. Hoxe en día, no entanto, a súa memoria está cada vez máis esvaída. Varios veciños e veciñas da parroquia foron interrogados sobre a orixe deste topónimo e só puidemos investigar que o tardo facía a súa aparición neste lugar pola noite. Tardo , trasno , demo burlón ou tártalo eran nomes que recibía este personaxe máxico de hábitos nocturnos e pequeno tamaño, que aparecía con frecuencia nos muíños de auga e nos camiños. Vestía farrapos, tiña pezuños en vez de pés, nariz de gato e ás veces presentaba dous corniños na testa, que abrigaba cun pucho vermello. Recibe o nome de tardo nas parroquias do norte de Vigo, pero no sur do termo municipal era coñecido como o tártalo . Cambiaba de forma e de tamaño a vontade, e transformábase nun animal calquera: nun cabalo, nun burro, nun can, nunha galiña seguida polos seus pitiños, nun porco…, ou en animais salvaxes coma o rabisaco (xeneta). Buscaba mil maneiras de confundir a/o camiñante e atraer a súa atención; pero tamén podía collelo polas bravas ao lombo e deixalo abandonado no alto dun monte ou nunha brañeira. Ás veces introducíase na casa, onde gastaba todo tipo de bromas, como ocultar obxectos, causar ruídos que semellaban romper a louza na cociña ou deitarse sobre o corpo dunha persoa que está durmindo e deixala sen alento. Intentar relatar

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1