Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 16 unha elevada altitude: O Cando, O Candán, A Candosa, A Canda, A Portela da Canda etc. Da mesma raíz semella derivar o latín candela ‘lume’ (Navaza Blanco, 2006: 140), que orixinou topónimos como Candieira ou Candeal . Aludirían a lugares de provisión de combustible para prender o lume, materiais de textura fina como poden ser a frouma (folla do piñeiro) ou a flor do castiñeiro. No veciño concello de Mos, candea é precisamente o nome que recibe o conxunto de acículas de piñeiro, que se apañaba tamén como estrume para os animais. En Candeán, porén, este material denomínase espiñaceiro , ao tempo que se reserva o nome de candea para a flor do castiñeiro, como acontece en moitos puntos da galegofonía. Esta sería, probablemente, a orixe do topónimo A Candea , presente na parroquia de Candeán. No caso de responder a algunha das anteriores etimoloxías, a terminación do topónimo Candeán apuntaría cara a un posible xentilicio –ou mesmo a un alcume familiar– que sinalaría a orixe xeográfica dunha persoa, orixinaria dalgunha localidade que presentaría un topónimo incluído nalgún dos grupos anteriores. Existe porén unha última posibilidade, que é a postulada por Gonzalo Navaza. O topónimo Candeán procedería, segundo este autor, do nome dun possesor xermánico Gandilani , emparentado lingüisticamente con outros antropónimos semellantes, como son Candilaci e Gandilaz , derivados de Gand-ila (Piel e Kremer, 1976). Entre os séculos vii e xi , moitos núcleos de poboación galegos foron bautizados cos nomes dos señores ou possesores donos do lugar. Estes podían ser de ascendencia sueva, pero tamén se trataba en moitos casos de propietarios galaicos que adoptaban os nomes xermánicos como símbolo de prestixio. Os topónimos de orixe xermánica resultan moi abondosos nas Rías Baixas e no Baixo Miño. Na mesma parroquia de Candeán existen, como mínimo, outros tres antropónimos que conteñen tamén o nome doutros tantos possesores : Gondomar , O Quintián e O Bosende . Balanciña, A NoCatastro de Ensenada, «AValanziña» aparece como un importante núcleo de poboación integrado por nove casas terreñas, mais as súas hortas, viñas e terras de secaño. Incluía ademais 78 «ferrados de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1