Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
177 T O P Ó N I M O S Cotobade, O Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Coutada do Abade, A Chamada tamén A Coutada do Crego , A Coutada do Cura , A Coutada de Nosa Señora , O Pinal da Iglesia ou O Pinal do Cura . É unha extensa superficie forestal propiedade da Igrexa. A forma abade foi utilizada popularmente en Candeán (como aínda lembran algúns veciños e veciñas) para referirse ao párroco da parroquia. Pero esta palabra foi perdendo forza fronte a cura , única forma que se utiliza na actualidade. Ademais de párroco, a palabra abade pode referirse tamén ao superior dun mosteiro. Abade procede do latín abbate ‘superior dunha abadía’, ‘título concedido a certos monxes’. Véxase O Cotobade. Frade, A do A do Frade e A Presa do Frade son dous topónimos que se encontran en Subride de Arriba. Un frade (> latín fratre ) é unha persoa que pertence a unha orde relixiosa. Esta forma non aparece rexistrada no Catastro de Ensenada. Tampouco coñecemos ningún alcume familiar os frades en Candeán. Non sabemos se existe algunha vinculación entre o frade que deu nome a este terreo e o topónimo A Freiría , ou se se trataba dun propietario alleo á parroquia. Véxase A Freiría. Freiría, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Igrexa, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1