Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
175 T O P Ó N I M O S Tras do Pazo Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Vixiador, O O monte máis alto da parroquia de Candeán recibe o nome de O Vixiador , malia que algúns veciños e veciñas usan as variantes Vixiadore , Veixiador e Veixador . Un vixiador é ‘aquel que vixía’. A posición dominante deste lugar, que previsiblemente no pasado presentaba unhas vistas excelentes, remítenos ao grupo de topónimos relacionados co labor de vixilancia fronte a posibles incursións inimigas en tempos de guerra (véxase A Facha ), grupo este que inclúe formas como O Facho , O Faro , A Esculca , A Atalaia e A Sentinela (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014). Pero tamén aparece en ocasións a palabra vixía (do latín vigilare ‘observar’), como no caso da Pedra Vixía (Zas) ou da Vixía Herbeira , na Serra da Capelada. A relixión Calvario, O Recibe este nome a parte baixa do núcleo da Igrexa, debido á existencia no pasado do chamado Calvario Vello , que estaba composto por tres cruces. Na Semana Santa, unha procesión recreaba o Vía Crucis ou a ascensión de Cristo ao monte Calvario ou Gólgota, onde sería crucificado en Xerusalén. O nome latín desta elevación era calvariae locus ‘lugar da calivera’, polas formas (semellantes a cranios) que presentaban as rochas nunha das súas ladeiras. Consérvase en Candeán o nome de Calvario Vello , que se refire a unha volta do Camiño do Calvario onde estaba situada posiblemente unha das cruces que integraban o trío. Baixo A Fonte do Tardo existían ademais os chamados Campos do Calvario , hoxe desaparecidos pola construción do túnel da autoestrada.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1