Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 174 restos dunha torre medieval, que se sitúa sobre un promontorio do terreo. Aínda se poden apreciar as ruínas da torre principal, as escaleiras de acceso e os elevados socalcos defensivos que se dispoñen de arredor. Nas inmediacións téñense atopado numerosos fragmentos cerámicos, comprendidos nun período que abarca a Idade de Ferro, etapa de dominación romana e Idade Media. No Catastro de Ensenada aparecen incluídos os topónimos: «A Thorre», «Tras dos Paso da Thorre», «Paso da Thorre» (ou «Pazo de Thorre») e «Cocho da Thorre». Restos da fortificación medieval da Torre dos Mouros Torreón, O Está enclavado en pleno centro de Erminde, un dos núcleos máis importantes de Candeán no século xviii . A súa posición é estratéxica e dominante, xa que se alza sobre unha ladeira de forte pendente. Non temos noticias sobre a existencia neste lugar de vestixios históricos, pero o topónimo semella moi revelador. O emprego do sufixo aumentativo - on destaca as dimensións deste elemento, para nós descoñecido. Véxase A Torre.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1