Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
173 T O P Ó N I M O S última derivaría o topónimo A Poba de Candeán. Pobla procede do latín popula ‘pequena poboación’. A Pobla é un clásico topónimo de repoboación medieval (Moralejo Lasso, 1977), que nace dun proceso de promoción urbana que se denominaba «fazer pobla». Mediante unha carta de poboamento, que os documentos medievais galegos denominan como «carta-proba» ou «carta-pobra», unha autoridade señorial ou eclesiástica (o rei, a igrexa, un señor, unha orde militar etc.) establecía as normas de carácter xurídico e administrativo que debían seguir os novos ou actuais poboadores : obrigas, foros, privilexios etc. Tratábase así de impulsar a repoboación de zonas deshabitadas, ou ben de promover pequenas vilas baixo o control da monarquía ou dalgún outro poder da época. Este proceso desenvolveuse durante a Idade media, a partir do século xi . A Poba de Candeán sitúase a menos de 200 metros da torre medieval coñecida como A Torre dos Mouros , da que deriva algún topónimo que aparece no Catastro de Ensenada, como «O Pazo da Thorre». Pensamos, polo tanto, que este é un topónimo de orixe histórica vinculado co Candeán medieval, do que quizais constituíse o seu núcleo fundacional. Na memoria da parroquia aínda perdura o recordo do fielato que existía neste lugar. Un fielato era unha caseta que se levantaba na entrada dunha poboación, onde se cobraban as peaxes que debían pagar asmercadorías que a atravesaban. O termo fielato deriva de fiel ‘agulla da balanza que sinalaba o peso dunha peaxe’. No fielato da Poba, lembran aínda algúns veciños, os carros eran obrigados a parar e pagar unha peaxe para poder continuar a marcha. Torre Topónimo que se repite en dous lugares da parroquia de Candeán: — — A Torre . Descoñecemos que estrutura puido orixinal a este topónimo. Sitúase a carón da Goleta, núcleo histórico de Candeán que aparece citado no Catastro da Ensenada. Baixo este lugar existe un valado moi pronunciado. A palabra torre procede do latín turris ‘torre’, común nas linguas romances occidentais (Marqués Valea, 2004). — — A Torre dos Mouros ou A Torre , O Camiño da Torre e A Torre (campos de cultivo). Neste caso, si se conservan no lugar os
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1