Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 172 Facha, A Promontorio que se alza sobre Erminde, que recibe os nomes de A Facha , O Alto da Facha ou O Monte da Facha . Baixo este monte comunal sitúanse As Coutadas da Facha , así como unha antiga propiedade particular de grande extensión: A Facha do Caramuxo ou Finca da Facha , onde se localizaba a chamada Casa da Facha . Existe unha relación semántica moi reveladora entre a facha galega e a do norte de Portugal. Así, mentres en Galiza unha facha é polo xeral un feixe de palla atado nun pau, que se levaba prendido de noite para alumearse polos camiños, no norte de Portugal unha facha é un mollo de palla, ou un brazado de millo que se colgaba a secar para alimentar os animais. A orixe da palabra facha podería estar, polo tanto, na forma latina fascis ‘feixe de pólas’, combinada con facula ‘fachuco’. Ademais, a palabra facha pode ser sinónimo de facho . Existen en Galiza numerosos montes e cumes que reciben este nome: O Facho de Donón (Cangas), O Facho de Brandariz (Mougás, Oia) e outros moitos. Unha das acepcións que presenta esta voz é a de promontorio que se utilizaba como punto de vixilancia en tempos de guerra. Para comunicárense entre si as distintas atalaias que existían nun determinado territorio, prendíanse fogueiras nestes altos que eran visibles a considerable distancia. Estas esculcas recibían nomes tales como Atalaia, Faro, Vela, Sentinela etc. Existiron desde a Idade Media ata o século xvii , cando se utilizaron profusamente durante a guerra de Independencia de Portugal, no territorio da diocese de Tui (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014). Poba, A Esta é a forma máis común do topónimo en Candeán, aínda que se conserva a variante Póboa . A Poba é un núcleo habitado que se sitúa entre A Torre dos Mouros e O Cotobade. A pesar da antigüidade deste topónimo e do seu carácter de lugar habitado, non aparece recollido no Catastro de Ensenada. Posiblemente naquel tempo recibiría algún outro nome de carácter oficial que ocultaba o primeiro, como podería ser Candeán de Arriba . A palabra Poba pertence a un grupo de topónimos que presentan formas semellantes, como Pobla , Pobra , Proba ou Póboa . Desta
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1