Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

171 T O P Ó N I M O S Celeirós Topónimo pronunciado con distintos graos de seseo e de acentuación, que ademais inclúe a variante Soleirós . As formas máis comúns son Celeirós e Celeiros . Non aparece rexistrado no Catastro de Ensenada. Celeirós é unha zona de cultivo formada por varias leiras, que se encontra entre A Gatiñeira e O Muíño Vello , e que linda polo sur cos noiros do castro de Codeside. Celeiró deriva posiblemente de cellariolum , diminutivo de cellarium ‘celeiro’ (Ares Vázquez, 2004). Apalabra celeiro tendiversos significados en galego: adega, compartimento da vivenda, tulla, depósito onde se almacenan diversos produtos do campo (en especial cereais) etc. Quizais estas acepcións teñan a súa orixe nos celeiros históricos, silos onde se gardaban as rendas agrícolas que cobraban os facendados e a igrexa. Esta podería ser a orixe do topónimo Celeirós , que se localiza nuns terreos de cultivo, no exterior dos núcleos habitados da parroquia de Candeán. Consideramos que esta situación, demasiado exposta a posibles espolios e distante das vivendas, apunta a que non se trataba quizais de depósitos de tipo doméstico pertencentes aos veciños da zona, senón posiblemente de silos pertencentes a algún antigo possesor medieval ou institución relixiosa. Por outro lado, a situación que semella máis probable para os posibles silos non é a propia superficie do campo de cultivo, senón o seu extremo sur, na mesma base das estruturas defensivas do castro de Codeside. Como resulta habitual nestes casos, a tradición oral sinala que o poboado castrexo estaba habitado polo mítico pobo dos mouros , que neste caso adoitaban asaltar os canastros e regadíos da veciña parroquia de Cabral para facerse co seu millo, co cal alimentaban os seus cabalos. Na coroa do castro, ademais, celebraban os mouros os seus mercados. O simbolismo deste espazo era tal que non foi habitado ata tempos recentes, e rompeuse un tabú que se mantivo vivo durante moitos anos. Outra posible interpretación deste topónimo sería, polo tanto, que o silo que lle deu nome non fose propiedade de persoa ou institución ningunha, senón que se tratase dun depósito ou cova oculto no castro de Codeside, onde os mouros gardarían o seu cereal (ou o cereal que lles roubaban aos humanos). Quizais a tradición oral nos poida achegar algunha luz sobre este tema.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1