Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 170 A palabra castro ― que a maior parte das persoas entrevistadas pronuncia na súa forma metatizada crasto ― aparece en numerosos topónimos da Freiría, en relación cos restos dun poboamento castrexo que se localiza sobre este núcleo: O Castro ou O Crasto , As Coutadas do Crasto , Os Crastos , Os Muíños do Crasto , A Chan do Crasto , As Pozas do Crasto , O Río do Crasto , As Lagoas do Crasto , As Coutadas de Tras do Crasto e O Camiño de Tras do Crasto . No Catastro de Ensenada o r de Castro mantén a súa posición orixinal, e tamén se conserva na maior parte dos casos a forma completa do poboado prehistórico: «O Castro da Freiría». Na parroquia de Candeán existe ademais un segundo castro na marxe dereita do río de San Cristovo: O Monte de Codeside . Neste caso, a toponimia actual non conserva a forma castro , como tampouco aparece recollida no Catastro de Ensenada. Este poboamento castrexo está moi deteriorado pola urbanización da súa coroa , que ademais resultou partida en dúas pola apertura dunha estrada. O topónimo Monte de Codeside refírese precisamente á topografía local, que foi elevada e moldeada polo levantamento dos noiros defensivos do poboado. A zona superior do castro, de relevo chan, recibe o suxestivo nome de Praza dos Mouros . Nas proximidades do monte do Vixiador, o deslinde municipal do ano 1939 menciona ademais, como punto de referencia, o denominado Castro Ferreiro . Non existe constancia que nós saibamos da existencia de ningún castro nesta elevación. Monte de Codeside , onde se localizan os restos dun castro

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1