Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
169 T O P Ó N I M O S — — Xan de Vilar (campo situado na Vesada). — — Xan do Outeiro (antiga superficie de cultivo, nos Currás). — — Xan da Vila (coutadas e seguedos situados en Erminde). — — O Carballo de Xan Méndez. — — A Casa do Xan Méndez 6 (dun veciño chamado Juan Méndez), O Camiño do Xan Méndez , A Presa do Xan Méndez , A Fonte do Xan Méndez e O Campo de Xan Méndez (na Fonte Escura). — — A Casa do Tío Xan Manel (en Maceiras) e A Casa do Xan Manel (en Subride de Arriba). — — A Casa de Xan da Burra (na Devesa). — — A Casa de Xan do Campo (na Freiría). — — A Casa de Tía María de Xan Pintos (na Igrexa). — — A Casa do Xan do Rato (na Goleta). — — As Xampanas , A Ribeira de Xan Panas e O Pinal de Xan Panas (en Erminde). A historia Castro O topónimo Castro procede do latín castrum ‘fortificación, campamento militar’ (Moralejo Álvarez, 2008). Esta palabra designaba en principio os campamentos do exército romano, pero os romanos usaron tamén este nome para referirse aos poboados das culturas da Idade de Ferro, coas que se toparon no seu proceso de expansión territorial cara ao norte e conquista. Con estes pobos (aos que coñecían como «celtae») negociaban as condicións da súa incorporación forzosa ao Imperio romano ou ben entraban directamente en combate con eles cando non aceptaban someterse aos invasores. Os poboados castrexos que existían no noroeste ibérico recibiron nese momento a denominación de castros , aínda que con anterioridade presentaban denominacións distintas, nas que aparecía con frecuencia a forma briga (e outras derivadas, como - brix ) como segundo elemento en topónimos compostos. 6 Na maioría das ocasións, as informantes pronuncian estes topónimos xuntando o nome e o primeiro apelido: A Casa do Xaméndez, A Fonte do Xaméndez etc.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1