Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 168 1976: 225). Esta forma estaría próxima deste modo aos antropónimos «Regulfe» ou «Regufe». Verde, A É o nome de dúas superficies forestais distintas que se encontran no monte de Candeán: — — A Verde , As Verdes , As de Verde ou A Coutada das Verdes (no Monte Pequeno). — — A Verde (tamén chamada As Verdes , A de Verde , O Verde ou O Monte da Verde ), A Fonte do Verde e As Pozas da Verde (zona situada baixo o Vixiador, que comprende monte comunal e coutadas particulares). Na maioría destes casos o topónimo Verde presenta xénero feminino, aínda que nalgunhas ocasións tamén o rexistramos como masculino. Verde é un adxectivo derivado do latín viride , que normalmente aparece acompañando un substantivo: Monteverde , Penaverde , Valverde etc. Non obstante, aquí aparece en forma de substantivo. A interpretación popular do topónimo A Verde do Monte Vixiador é que neste lugar existía un pasto moi bo, que «estaba sempre verde». Verde sería aquí sinónimo de fértil e vizoso, reflectido na cor verde dos panascos ou pasteiros naturais, que estarían situados posiblemente en depresións ou ladeiras húmidas. Pero existe outra posibilidade: durante a Idade Media, Verde usouse como apelido ou sobrenome persoal. Ese sería o caso do topónimo A Eira de Verde , situado en Catoira (Navaza Blanco, 2007a). Xustamente, os dous topónimos A Verde que rexistramos en Candeán presentan entre as súas variantes a forma A de Verde . A existencia dun antigo propietario medieval alcumado O Verde , dono de dúas parcelas de monte que herdarían o seu nome, podería explicar a orixe deste topónimo. Xan Xan é unha variante popular de Xoán , moi prolífica na toponimia da parroquia de Candeán: — — Xan Carreira (terras de cultivo na Freiría) e A Casa do Xan Carreira (na Rabadeira).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1