Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

15 T O P Ó N I M O S Os primeiros núcleos de poboamento Candeán No século xviii , un dos núcleos principais da parroquia recibía o nome de «Candeán». Contaba entón con dez casas terreñas e unha máis con andar superior, semellante ás vivendas rurais galegas da primeira metade do século xx , que eran denominadas naquel tempo como casas «de un alto». Ao sur deste lugar existía un segundo agrupamento de vivendas denominado «Candean de Avajo», de menores dimensións, que incluía neste caso unha casa alta e catro terreñas, rodeadas de hortas, viñas e terras de regadío e de secaño. A etimoloxía do topónimo que lle dá nome á parroquia non é moi clara. Gerardo Sacau Rodríguez (1996: 33) relacionaba Candeán coa raíz preindoeuropea cand - ou cant - , que podería aludir a distintos elementos. Como acepcións máis probables téñense proposto as de «montaña, rocha», mais tamén «póla» ou mesmo «cor branca». Esta aparente desemellanza de significados pode agochar, no entanto, certas afinidades, como poderían ser a albura de certas rochas ou minerais (como o cuarzo), ou a que presentan os cumes das montañas cando se encontran cubertos pola neve. No noso país son frecuentes os topónimos que inclúen esta raíz, cun sentido probablemente oronímico. Refírense xeralmente a cumes de sistemas montañosos e de lugares situados a Topónimos 3

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1