Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

167 T O P Ó N I M O S unha hectárea, semellante á que ocupan na actualidade as Coutadas do Quintián . A forma devesa aínda se conserva como topónimo nas proximidades do Quintián. A palabra Quintián procede do nome dun antigo possesor destas terras chamado Q uíntila ou Q uintilanis , antropónimo de orixe xermánica (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014: 34). A perda do - L - intervocálico (que acompañou a evolución ao galego das formas latinas orixinais) transformou «Quintilanis» en «Quintianis», que se convertería despois en Quintián . Q uíntila , Q uintilanis foi un nome masculino relativamente frecuente en Galiza a finais do primeiro milenio amplamente documentado nos séculos ix e x . A partir deste último século o seu uso foi en declive, ata desaparecer finalmente no século xii . Ao observar a situación destas terras e a proximidade dos cultivos á Rabadeira, non sería de estrañar que o propietario residise neste núcleo histórico da parroquia de Candeán, un dos máis poboados no século xviii , tal e como reflicte o Catastro de Ensenada. Regoufe Conteñen a palabra Regoufe os topónimos O Regoufe (ou O Regoufo ), O Camiño do Regoufe , As Coutadas de Regoufe e O Río de Regoufe. É unha zona predominantemente forestal, que consta no Catastro de Ensenada co nome de «Regoufe» ou «Regoufee», e que está ocupada entón por monte, devesa e cultivos de secaño. Existe unha certa vacilación na fala local no uso do artigo, que pode aparecer ou non. Podemos escoitar, así, as formas Camiño do Regoufe ou ben Camiño de Regoufe . Na parroquia de Candeán recollemos un xenérico cunha aparencia semellante: regoufa . Unha regoufa é aquí un amoreamento lineal de pedras que separa o monte comunal das propiedades particulares. Esta palabra podería estar relacionada coas voces regoza e rega , escoitadas tamén en Candeán, aínda que estas últimas se refiren a depresións do terreo ou foxos (Dicionário Eletrónico Estraviz) . No entanto, decantámonos máis por unha segunda posibilidade: que a forma Regoufe sexa un topónimo derivado do nome xermánico dun antigo possesor destas terras, chamado R ecaulfus (Piel e Kremer,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1