Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 166 Gondomar O topónimo Gondomar localízase ao sur da Torre. Dá nome a unha superficie de cultivo (Gondomar) , a un camiño (O Camiño de Gondomar) e a un lavadoiro (O Pilón de Gondomar) . No Catastro de Ensenada denomínanse «Gondomar» unhas terras de cultivo con propietarios en «Candeán de Avajo» e «Tras do Pazo». Deriva do nome medieval de orixe xermánica Gundemaro , que se mantivo vivo ata comezos do século xii (Navaza Blanco, 2007a). Gondomar puido ser o nome dun antigo possesor residente na zona ou con terras ou foros neste lugar. Leandro, O O actual topónimo O Leandro (en plural Os Leandros ), pronunciado tamén como O Liandro / Os Liandros , chamábase anteriormente «O Cocho de Leandro» (Catastro de Ensenada). Tratábase, polo tanto, dun terreo do que era propietario en tempos pasados un home de nome Leandro. O Leandro é unha superficie de regadío dividida en leiras individuais, situada aos pés do pequeno núcleo rural do Busto. Quintián, O Superficie que se localiza entre os núcleos da Rabadeira e da Freiría. Inclúe unha parte agrícola inferior e unha zona superior arborada, dividida en coutadas particulares (As Coutadas do Quintián) . Os campos tamén se encontran parcelados, de maneira que o topónimo presenta unha variante en plural Os Quintiáns . É unha área dunha certa extensión que está dividida á súa vez en topónimos menores, como O Quintián Pequeno e O Quintián do Tellado . Este último está próximo a outro topónimo histórico, que tamén aparece rexistrado no Catastro de Ensenada: O Tellado . Na parte superior das coutadas existían ademais unhas pozas de regadío que resultaron afectadas pola estrada, Os Pozos do Quintián . No século xviii , O Quintián situábase (como aínda o fai hoxe en día) na zona transición entre o espazo agrícola e o forestal, e documentouse entón a existencia de cultivos de secaño, monte e «20 ferrados de dehesa», unha superficie de aproximadamente

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1