Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
165 T O P Ó N I M O S A elaboración comercial de pan foi outra actividade de especial importancia no Candeán do século pasado, e orixinal diversos topónimos e alcumes familiares como Hipólito do Forno , Os do Forno ou O Forneiro . Na imaxe, antigo forno no camiño da Igrexa . Fregana, A A Fregana (forma esta máis frecuente) ou Fragana é un sobrenome de Erminde moi usado entre as persoas que habitan noutros lugares da parroquia, que, non obstante, non é aceptado pola veciñanza deste barrio, pois considérano pexorativo. A terminación -ana suxire que posiblemente nos encontremos perante un topónimo de formación recente, non mencionado no Catastro de Ensenada. O máis probable é que se trate do alcume dunha muller que residía neste lugar, que traballaba fregando. Na recollida de campo puidemos rexistrar unha referencia a un veciño alcumado O Freganas .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1