Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 164 Bosende semella ser un antropónimo, que conservaría a memoria dun antigo possesor destas terras de nome xermánico Bado-sindus (Ares Vázquez, 1994). Mosende, parroquia do concello do Porriño, podería ser unha variante do mesmo topónimo, resultado dun troco de consoantes bilabiais: - b - por - m -. Calloas Os Campos das Calloas e O Campo do Calloas son dous topónimos que conteñen o alcume ou apoio familiar de Calloas . Na fala gremial dos cabaqueiros (traballadores que se dedicaban á elaboración manual de tellas e ladrillos), unha calloa é unha muller maior. No entanto, a área de influencia cabaqueira sitúase no Baixo Miño e non aquí. Eligio Rivas Quintas (1978) sinala que unha calloa é unha ‘holgazana, desidiosa’. Candeán Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Erminde Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Ferreiro Do latín ferrarius ‘persoa que traballa no ferro’ deriva o galego ferreiro . Os oficios deron pé a numerosos alcumes familiares e persoais en Candeán, como O Xastre , O Canteiro, O Barbeiro, A Peixeira, O Sereno e A Oveira (vendedora de ovos). É o caso tamén do Ferreiro , nome que quedou fixado na toponimia da parroquia en formas como A Coutada do Ferreiro e O Campo do Ferreiro (no Cotobade), ou A Casa de Agapito o Ferreiro (A Poba).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1