Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

163 T O P Ó N I M O S Xinela, A Topónimos como A Coutada do Xinelas e O Campo do Xinela semellan ter a súa orixe no alcume familiar Os Xinelas, presente tamén na Casa do Xinela (edificación en ruínas situada no Cotobade), A Casa do Xinelas (A Igrexa) e O Lugar e Casa das Xinelas (A Goleta). Non obstante, a forma Xinela xa aparece documentada no Catastro de Ensenada como «A Xinela» ou «A Guinela». Isto fainos pensar que posiblemente o topónimo sexa anterior ao propio alcume. Xinela é unha variante de xanela ‘abertura nunha parede que permite o paso da luz e do aire ao interior dunha construción’. Aplícase por exemplo ás xaneliñas que presentan os muíños de auga nun muro lateral. A palabra xanela deriva do latín janua ‘porta de entrada’, mais un sufixo diminutivo medieval - ella , e desta fusión resulta a forma januella ‘pequena ventá’. Zoques, Os Os Zoques ou O Monte dos Zoques é unha zona forestal próxima á Rabadeira que se sitúa no límite entre as parroquias de Candeán e Cabral, sobre A Pedra do Moucho. É coñecido tamén como O Monte dos Zocos . Zoque é unha variante de zoco ‘calzado rústico coa sola de madeira e empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello’ (Dicionario da Real Academia Galega) . Nas parroquias do concello de Vigo este tipo de calzado coñécese sobre todo co nome de zamancas . A orixe desta palabra podería estar no latín soccu ‘especie de zapato’. P osesores Bosende, O Ao pé do pequeno núcleo do Busto encóntranse os campos de O Bosende ou Os Bosendes , coñecidos tamén como As Veigas de Bosende . No Catastro de Ensenada aparece en forma singular, como «Bosende» ou «Vosende», e figura ademais un «Cocho de Bosende».

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1