Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
161 T O P Ó N I M O S provida de casa de habitação, água, terra lavradia, pomares, vinhas, soutos etc.» (Machado, 1989: 23). SegundoMarcial Valladares Núñez (1884) unha quinta é un «caserío, o sitio de recreo, en el campo (...) porque el poseedor de cada una solía pagar la quinta parte de sus frutos al dueño». Como A Quinta da Rabadeira non está situada en zona urbanizada, nin existen que nós saibamos restos de edificacións nesta superficie, entendemos que este topónimo estaría relacionado con outros recollidos na parroquia, que conteñen tamén unha forma ordinal, como O Cuarto , A Tercia e As Quintas . Aludiría á fracción do cultivo producido por un terreo que os labregos lle debían pagar ao propietario dentro dun réxime foral. Quirincosta, A A Quirincosta ou Camiño da Quirincosta é o nome dun antigo camiño empedrado, hoxe asfaltado, que descende ata os campos da Caeira, na Poba. Para Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza (2014), quirincosta (ou quiringosta ) é unha variante de congostra , que está presente no galego suroccidental. Deriva do latín co - angustam ‘estreito’. As quirincostas son camiños de carro angostos que discorren entre valados, ou ben afundidos no terreo, por efecto do paso dos carros durante centos (quizais nalgún caso miles) de anos. No Val de Fragoso, non obstante, unha canicosta (variante de quirincosta) é un camiño que presenta unha forte pendente. Os camiños ou corredoiras profundos e escuros reciben a denominación de canicoubas . Tellado, O Superficie agrícola próxima á Freiría que xa aparece mencionada no Catastro de Ensenada con este nome, incluída tamén no topónimo «Carto de Tellado». No interrogatorio aparece rexistrada neste lugar unha casa terreña, que sospeitamos que podería estar situada no lugar de O Telladiño , pequeno promontorio que se eleva sobre os cultivos, no límite dunha masa forestal chamada actualmente A Devesa .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1