Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 160 accesible. Pero en zonas habitadas é unha ‘porta pequena’ (como a do forno) ou ben un ‘acceso a un terreo coa largura suficiente para permitir o paso dos carros’. A palabra portela deriva do latín portella ‘pequena porta’. É un topónimo que está presente no nome dunha vivenda: A Casa da Rita da Portela (nacida quizais nun lugar chamado A Portela). Tamén está incluído no campo denominado A de Portela , que neste caso podería tomar o seu nome do apelido dun antigo propietario. Volvendo ao primeiro significado que sinalamos para este topónimo, no Catastro de Ensenada aparece tamén o nome «Porto da Fraga» (non localizado), onde encontramos a forma porto , que aquí é sinónimo de portela . Aludiría quizais a un paso natural que existiría antigamente entre Candeán e as parroquias do veciño concello de Redondela, subindo por Erminde ata as cotas superiores do monte. O elemento Fraga deste topónimo suxire que se trataba posiblemente dunha zona moi pedrenta (véxase A Fragana ). Véxase O Portelo. Portelo, O Abertura nunha parede ou valado que permite o acceso de persoas e animais a un terreo, delimitada ás veces por dúas pedras fincadas. Presenta un significado distinto a portela e portal , que son de maior largura e permiten o paso de carros. A forma portelo deriva do latín porta (‘porta’, ‘abertura practicada nun muro’), mais o sufixo diminutivo - elo (do latín - ellu ). O Portelo é un terreo agrícola situado na Poba. Véxase A Portela. Quinta, A Zona que comprende campos e coutadas, situada entre Os Saltavalados e O Quintián (A Rabadeira). Debido a que está dividida en varias parcelas, recibe indistintamente o nome singular A Quinta ou o plural As Quintas . Este topónimo podería derivar do adxectivo numeral latino quintam ‘quinta’. O seu significado non está claro, aínda que na Idade Media designaba «uma sub-unidade agraria dentro de uma villa (rústica)

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1