Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 158 da superficie de cultivo; quizais no seu bordo oriental, onde existen uns socalcos de pendente moi pronunciada. Sospeitamos que se trataba dunha construción independente, vinculada a algunha casa forte ou pazo que tampouco se conserva na actualidade. O rexistro dos topónimos «Pazo da Torre» e «Tras do Pazo» no Catastro de Ensenada (o segundo recollémolo nas proximidades do Pombal) apuntarían a esta posibilidade, pois é ben coñecida a vinculación dos pombais coas casas fidalgas. Por outro lado, a existencia nas proximidades do Pombal dos topónimos As Pardiñeiras (construción en ruínas), A Torre e A Poba (estes dous últimos relacionados con poboamentos medievais) reforzan esta idea. O Catastro de Ensenada sinala ademais a existencia no lugar do Pombal dunha casa terreña e unha horta, no ano 1753. Outra forma relacionada , que rexistramos tamén na parroquia de Candeán, é o topónimo Río da Pomba (O Salgueiro). Este é un dos moitos nomes que vai presentando o río de San Cristovo ao longo do seu curso. A inmediata proximidade a este lugar da Casa do Pomba revélanos que deriva en realidade dun alcume familiar. Portal, O Un portal pode ser unha abertura nunha parede ou finca que permite o paso do carro (véxase Portela ), pero tamén unha porta grande (ás veces monumental) que serve de acceso a unha corte, un lugar, ou unha casa grande ou pazo. En Candeán rexistramos dous topónimos que conteñen a palabra portal , que franquean o acceso a dous terreos grandes da parroquia: — — O Portal da Escola , na Finca de Dona Amalia ou Quinta de Dona Amalia (na Fonte Escura). — — O Portal da Cruz ou Portal do Inglés , no Lugar do Pete ou A do Inglés (en Subride). Véxase O Campo da Porta.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1