Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
157 T O P Ó N I M O S Pío, O A palabra pío designa en galego diversos tipos de recipientes (xeralmente labrados en pedra) que poden servir para distintos usos, como encascar as redes de pesca, salgar o peixe, lavar etc. No entanto, nas parroquias do concello de Vigo pío ten o significado de cunco ‘recipiente de pedra usado como bebedoiro para os animais domésticos’. Resulta menos frecuente en galego ca a forma feminina pía , ao ser característico da área suroccidental da provincia de Pontevedra (Navaza Blanco, 2007b). Deriva do latín pilum ‘pilón’. O Pío é un pequeno lugar situado sobre o barrio da Igrexa, onde están rexistrados os topónimos O Camiño do Pío , A Fonte do Pío , A Presa do Pío e Os Campos do Pío . Pombal, O Pombeiro ou Pombeiras son topónimos que aluden á presenza de pombas , palabra galega derivada do latín palumba ‘pomba’. Algúns destes lugares sitúanse en paraxes accidentadas e de difícil acceso, onde existen fraguedos nos que aniña (ou aniñaba) a pomba brava (Columba livia) , antepasada silvestre da pomba doméstica. A forma pombal refírese porén a estruturas artificiais concibidas para a cría de pombas domésticas en condicións controladas. Segundo Eladio Rodríguez González (1958-1961) en Galiza existen dous tipos de construcións para pombas: un pequeno e caseiro (onde apenas crían unhas poucas parellas), chamado pombeiro , e outro de carácter monumental, que aparece como construción illada de forma circular con tellado propio, que recibiría o nome de pombal . Afirma que estes últimos estarían ocupados por pombas zuras e semisalvaxes. En realidade, as inquilinas dos pombais son as mesmas pombas domésticas que ocupan tamén os pombeiros . O topónimo O Pombal localízase no cabo do Camiño do Pombal (rebautizado en tempos recentes como Camiño de San Francisco , sen base toponímica ou histórica ningunha). Dá nome a unhas antigas terras de cultivo que hoxe están edificadas na súa maior parte, situadas sobre a Fonte do Salgueiriño. Alude posiblemente a un pombal histórico hoxe desaparecido. Pensamos que a antiga construción estaría situada fóra
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1