Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 156 Palleiro, O O palleiro era a meda de palla que se facía preto da eira sobre un pau vertical, de forma cónica, onde se gardaba o feo despois da malla. Separábase do chan mediante unhas táboas para impedir que entrase a humidade desde abaixo. A palla e o colmo dispúñanse con coidado recubrindo a superficie exterior, e formaban unha camada practicamente impermeable á choiva. Deste modo conservábase a forraxe dos animais, coa que eran alimentados ao longo do ano. En Candeán recibía tamén o nome de bardeiro . A palabra palleiro provén do latín palea ‘palla’. Encontramos esta forma en dous topónimos da parroquia de Candeán: — — O Palleiro (na Poba). — — Detrás do Palleiro (na Vesada). Localízanse a carón de antigas vivendas ou núcleos rurais. Así, O Palleiro está situado sobre A Casa da Tía María do Oveira , a poucos metros da Casa da Conceución (hoxe en ruínas). Detrás do Palleiro, pola súa parte, é un campo que se encontra baixo A Eira de Dentro , no núcleo antigo da Vesada. Pardiñeiro, O A palabra pardiñeiro continúa viva nalgunhas parroquias do concello de Vigo, co significado de ‘edificación arruinada’. O Catastro de Ensenada non recolle ningunha localización en Candeán con este nome, polo que quizais se trate de topónimos relativamente recentes. Algúns destes pardiñeiros poderían ser os restos de antigos asentamentos históricos abandonados que aparecen mencionados neste documento do século xviii . Encontramos este topónimo en dous lugares da parroquia de Candeán: — — O Pardiñeiro ou Os Campos dos Pardiñeiros , A Presa dos Pardiñeiros , Os Pardiñeiros de Arriba e Os Pardiñeiros de Abaixo (en Subride de Arriba). — — As Pardiñeiras (no camiño de Gondomar). Esta forma ten a súa orixe no latín vulgar parietinariu (Navaza Blanco, 2007a), derivado de paries , parietes ‘parede dunha casa, muralla’ ou tamén ‘sebe arbustiva’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1