Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

155 T O P Ó N I M O S No Catastro de Ensenada aparece o topónimo «Malertiñas», que se refire a unha zona de monte situada nesta zona. Cremos que se trata dunha transcrición errada de As Maleitiñas . Véxase A Maleita. Meladas, As Nome dunha zona agrícola que se localiza sobre A Valadiña. No Catastro de Ensenada aparece rexistrada como «Meladas», «Madalas» e «Meladas de Arriba». Como substantivo, unha melada é o conxunto do mel producido nun determinado período (Dicionário Eletrónico Estraviz) . Porén, pode tratarse dun adxectivo derivado do verbo melar ‘rillar algo polas esquinas’ (figuradamente, podería referirse a unha parcela agrícola) ou ‘romper o bordo ou fío dun instrumento de corte, fanar’. Na ría de Vigo téñense recollido ademais outras acepcións distintas da palabra melar , como son ‘apodrecer unha froita’ ou ‘murchar unha planta por exceso de auga’ (Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués). Por último, a forma «Madalas», unha das variantes incluídas no Catastro de Ensenada (descoñecemos se se trata simplemente dun erro de transcrición), lévanos a non desbotar a posibilidade de que o topónimo orixinal puidese ter sido A(s) Malada(s) . Neste caso o seu significado sería o de ‘persoa suxeita a maladía ’, ou ben ‘persoa enferma’ (Boullón Agrelo, 1999: 292). A maladía foi un ‘servizo obrigado, mais retribuído, que se debía prestar ao señor de certos dominios’ (Carré Alvarellos, 1928-1931), e constitúe un modo de relación histórica que existiu durante o período medieval. Mellora, A Terra de cultivo situada na Fonte Escura, que recibe os nomes de A Mellora ou A Millora . A mellora é a parte da herdanza que os ascendentes deixan a un descendente a maiores da que lle correspondería nun reparto a partes iguais ou lexítima . A súa finalidade é evitar a fragmentación excesiva dos bens familiares, favorecendo normalmente o fillo ou descendente que queda na casa familiar. A contía desta parte extraordinaria adoita ser dun terzo ou un quinto do valor total.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1