Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 154 do Serafín , O Lugar do Zapateiro , O Lugar do Cantarelo ou O Lugar da Taboada . Tamén encontramos o topónimo Lugar acompañado dalgunha indicación sobre a súa posición relativa. Así, cando existe un lugar de certas dimensións situado a diferentes niveis, podemos encontrar un Lugar de Arriba (na Fonte Escura e na Fonte Branca) en oposición a un Lugar de Abaixo (A Fonte Escura); ou en relación á antigüidade deste un Lugar Vello (no Cerqueiro) e un Lugar Novo (coñecido tamén como Lugar do Salvador ). Baixo o monte comunal de Pedras Negras temos ademais O Lugar do Monte , onde se encontran As Casas dos Canquelos . Maleita, A A Maleita comprende campos de cultivo e coutadas, aínda que estas últimas sufriron unha intensa urbanización nas últimas décadas. Está situada entre O Cotobade e O Monte Pequeno. No Catastro de Ensenada aparece mencionada nunha única ocasión como «Coutada das Maleytas». Naquel tempo, é posible que a zona enteira estivese ocupada por coutadas. O mesmo Monte Pequeno semella ser un barrio relativamente recente, que no século xviii posiblemente non contaba aínda con ningunha vivenda. O mapa toponímico de Candeán rexistra os seguintes topónimos coa palabra Maleita : A Maleita (ou As Maleitas ), A Fonte da Maleita , A Poza da Maleita , As Coutadas da Maleita , O Camiño da Maleita e Os Campos da Maleita . Maleita é o nome que recibían as febres palúdicas ou febres tercianas (de tres días), de carácter intermitente (Carré Alvarellos, 1928-1931). A palabra maleita deriva do latín maledicta ‘maldita’. As distintas variantes do paludismo, causado por protozoos do xénero Plasmodium , foron moi frecuentes na península ibérica ata mediados do século xx . Maleitiña, A Como sucede noutros casos, A Maleitiña (derivado de Maleita ) está situada nas proximidades do mesmo topónimo en forma non diminutiva. Posiblemente, en orixe referiríase a unha propiedade ou leira de pequeno tamaño situada na Maleita , que para distinguirse doutros predios de maior superficie adoptou esta forma.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1