Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

153 T O P Ó N I M O S ferro nos horizontes profundos do solo, ou a algún fenómeno xeolóxico semellante. Outra posibilidade é que Ferreira fose o alcume familiar da muller, filla ou descendente dun ferreiro ‘persoa que traballa o ferro’. Largo O substantivo e xenérico local largo designa un espazo aberto e amplo de uso común, situado nunha encrucillada no centro dun antigo núcleo rural, a modo de praza. Esta forma procede do adxectivo largo , derivado do latín largum ‘amplo, extenso’ (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014). En Candeán existe o chamado Largo da Rabadeira , no cruzamento entre os camiños da Rabadeira e O Solombo. Arredor deste espazo dispúñanse moitas casas antigas do lugar. A escasa distancia da estrema histórica coa parroquia de Cabral encóntrase ademais O Largo do Caeiro , espazosa encrucillada de catro camiños no núcleo antigo do barrio. Lugar A palabra lugar procede do latín localem ‘local, propio do lugar’, derivado de locus ‘lugar’. Pode presentar diversos significados en galego: ‘pequeno núcleo rural composto por unhas poucas casas, que sumado a outros semellantes compoñen unha parroquia’, ‘conxunto formado por unha vivenda e as súas terras de cultivo’ ou ‘terras contiguas a unha casa, que xunto con ela forman unha única superficie separada do exterior por medio dunha parede’. Este último é o sentido que adopta o termo lugar en Candeán, onde practicamente existen tantos lugares coma vivendas, aínda que esta denominación se vai perdendo pouco a pouco na actualidade. Ademais de usarse como xenérico para referirse ao eido propio, a palabra lugar foi quedando fixada na toponimia local, pois identifica a ollos dos veciños e veciñas unha gran cantidade de parcelas, que as vincula cos seus propietarios e cos seus alcumes familiares. Así, a cartografía toponímica de Candeán rexistra formas como O Lugar do Mantido , O Lugar dos Frebes , O Lugar das de Outeiro , O Lugar de Tía Aurora a Fandunga , O Lugar da Carmela , O Lugar da Tía Hermosinda , O Lugar do Xastre , O Lugar da Castiñeira , O Lugar das Coceicións, O Lugar do Pito , O Lugar da Sileira , O Lugar

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1