Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 152 que se denominaban «terras aforadas á quarta», polas cales debían pagar a cuarta parte do producido (Navaza Blanco, 2007a). Este é un topónimo que nos remite ao réxime foral, que dominou o sistema agrario galego desde o século xiii ata comezos do xx . Neste réxime, os labregos estaban sometidos a contratos de orixe medieval de longa duración, que lles permitían cultivar unhas terras que non posuían en propiedade, a cambio de entregaren unha renda fixa ou (neste caso) proporcional á produción delas, en especie, a un señor feudal ou a unha institución relixiosa ou militar. A palabra cuarto procede do ordinal latino quartus ‘cuarto’. A parcela de O Cuarto podería estar reservada, quizais, á produción agrícola destinada a pagar os foros correspondentes aos campos do Tellado. Cun significado análogo a este topónimo encontramos no Catastro de Ensenada a forma Tercio en «Leyras do Tercio» (non rexistrada no traballo de campo). Deriva do latín tertium ‘terceira’, neste caso o pagamento correspondería á terceira parte da produción. Currás, Os A palabra curral pode presentar diversos significados en galego, como ‘corte para os animais que non se localiza no andar inferior da vivenda, senón nunha estrutura independente’ ou ‘espazo descuberto e pechado situado fronte á casa, onde se garda o estrume e a leña’. Do singular curral (forma orixinada no latín vulgar currale ) deriva o plural Currás (Navaza Blanco, 2007a). Este topónimo dá nome a un núcleo habitado próximo á Fonte Escura, que non figura no Catastro de Ensenada, e que décadas atrás podería estar composto por dúas únicas vivendas. Ferreira, A Superficie agrícola contigua á Rabadeira, que aparece citada no Catastro de Ensenada co nome de «Ferreiras». O topónimo Ferreira semella derivar do latín ferraria ‘mina de ferro’. A morfoloxía do lugar non nos permite apreciar, porén, ningún tipo de anomalía superficial ou movementos de terra, asociados a antigas actividades extractivas. O nome poderíase deber, quizais, a unha concentración de óxidos de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1