Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

151 T O P Ó N I M O S Casarella, A Son os restos dunha casa antiga que existía na Fonte Escura, coñecida tamén como A Casa da Coquisa . Casarella é un xenérico vivo na parroquia de Candeán, co significado de ‘casa vella’. Esta forma podería derivar do diminutivo de casa casaricula , que hoxe en día pode ter un certo sentido despectivo (Marqués Valea, 2004). En galego, unha casarella (ou un casarello ) é unha casa ‘vella e arruinada’. Ás veces tamén se incorporan os significados de ‘casa pequena’ e ‘casa pobre’. Costa, A A palabra costa , de uso común, alude a un terreo de pendente pronunciada. Pero tamén se aplica a un tramo de camiño costaneiro, que debe vencer un desnivel. Deriva do latín costa ‘costela, lombo, lado ou ladeira’. A parroquia de Candeán está asentada sobre ladeiras e terreos de relevo irregular, polo que a maioría das actuais vías de comunicación (moitas das cales teñen a súa orixe en antigas corredoiras) presentan con frecuencia tramos de forte pendente. Estas costas recibían, polo xeral, o nome dalgún veciño ou veciña que vivía a carón delas: A Costa da Taboada , A Costa da Gaiteira , A Costa da Covela , A Costa do Xastre , A Costa do Piojito , A Costa de Mariños , A Costa do Cañón ou A Costa do Salgado . Non segue esta tendencia A Costa da Canexa , que adoptou o nome do propio camiño. Cuarto, O Superficie de cultivo que se encontra baixo A Lomba. No Catastro de Ensenada aparece rexistrada co nome de «Carto do Tellado». Non existe confusión posible coa correspondencia destes dous topónimos, pois o actual Cuarto linda efectivamente cos campos de O Tellado . A semellanza doutros topónimos análogos, como Tercias e Quintas , as formas Carto , Cuarto e Cuarta designan a fracción de cultivo destinada ao pagamento de tributos ao propietario dunhas terras, por parte dos labregos e labregas que as traballaban. Serían neste caso o

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1