Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
149 T O P Ó N I M O S A terminación -eira que presenta este topónimo fainos pensar que podería aludir ao alcume dunha muller que cardaba la ou liño. De ser así, trataríase probablemente dun alcume ou apoio perdido na actualidade, pois non aparece rexistrado no traballo de campo. As «Respostas xerais ao interrogatorio» do Catastro de Ensenada dan conta da importancia dos recursos citados na economía do Candeán do século xviii . Casa, A Tras da Casa (A Fonte Escura) e O Lugar da Casa Vella (A Lomba) son dous topónimos que conteñen a palabra casa . O máis frecuente, porén, é que a propia casa se erixa en topónimo independente, pois constitúe a unidade básica de poboamento, ademais dun referente espacial fundamental para o conxunto da comunidade. A carón de cada unha das vivendas existía un eido, unha horta, un canastro coa súa eira, unha cabana ou alpendre (antigamente eran chozas con teito de colmo) e outras construcións accesorias, como currais independentes para o gando. A casa e todos os elementos complementarios estaban circundados por unha parede que rodeaba toda a propiedade familiar ou lugar . Cada casa tiña un nome propio, que era o do seu propietario ou propietaria (xeralmente, o patrón ou patroa), acompañado do seu alcume familiar, do nome dalgún proxenitor ou proxenitora ou do topónimo do lugar; características estas que permitían individualizar a vivenda, nun tempo en que os nomes de muller e de home tendían a repetirse con moita frecuencia. A listaxe de topónimos sería interminable, pois practicamente son tantos como o número de vivendas habitadas por veciños e veciñas nados na parroquia. Pero o seu coñecemento resulta, non obstante, de grande interese, pois os nomes das primeiras casas permítennos ter unha radiografía do Candeán histórico, enraizado aínda na sociedade labrega anterior. A modo de exemplo, no antigo núcleo rural da Goleta rexistramos os seguintes topónimos coas denominacións da casas antigas: A Casa da Tía Argentina da Coxa , A Casa da Tía Manuela da Cavada , A Casa da Xinela , A Casa da Tía Isolina do Moxenas , A Casa de Pepe o Goletas , A Casa de Margarita da Cañoteira , A Casa de Xan do Rato , A Casa da Tía Pepa , A Casa do Panoias , A Casa do Chiño , A Casa da Lebrisca , ademais da Taberna da Tía Rosa da Coxa .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1