Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

13 E S T R U T U R A D O L I B R O grande antigüidade que recolle a presenza histórica do oso nesta zona, ou ben do nome dun antigo propietario alcumado «O Oso», forma que aparece rexistrada como antropónimo na Idade Media. Oapartado Agricultura e gandaría inclúe por unha parte os topónimos relacionados cos cultivos de regadío e de secaño, as distintas tipoloxías de terreos agrícolas, as calidades e as características destes, a súa forma e disposición, o proceso de cavadura de antigas superficies de monte e a súa conversión en novos cultivos, as parcelas de monte que fornecían os recursos necesarios para fertilizar os campos e alimentar o gando etc. Pola outra, diferentes aspectos vinculados coa actividade gandeira: os lugares de estabulación, os pasteiros agrícolas e de monte etc. En Sociedade tratamos un grupo heteroxéneo de topónimos que inclúen os elementos que conforman o hábitat humano: a casa e os espazos anexionados a esta, as construcións accesorias, os peches, os lugares de acceso e outros elementos arquitectónicos, os utensilios de uso doméstico, os espazos comúns, as vías de comunicación, os restos de edificacións abandonadas… Tamén os relacionados coas actividades económicas (os oficios, a artesanía, o procesamento dos recursos naturais, a apicultura etc.) ou coas relacións sociais e de dependencia que existían entre a veciñanza (foros e tributos, maladías , herdanzas…). O apartado Posesores comprende diversos topónimos que conservan os nomes de antigos propietarios desas terras. Nomes que nalgúns casos son de ascendencia sueva (incluído o propio topónimo Candeán ) e de cronoloxía medieval, pero que noutras ocasións son moi recentes, aludindo xeralmente a alcumes ou a nomes familiares. Precisamente, estes apoios (como son denominados na parroquia) proporcionan abondoso material de estudo lingüístico, que por si mesmo ben merecería realizar un estudo específico. Os alcumes familiares conteñen unha valiosa información sobre o léxico local (onde encontrariamos posiblemente moitas voces hoxe desaparecidas na fala), antigas ocupacións ou oficios, relacións sociais etc. Na sección A historia incluímos os nomes de lugar que expresan diferentes aspectos da historia local de Candeán, como o seu patrimonio monumental civil (A Torre dos Mouros) , elementos arquitectónicos hoxe desaparecidos ( O Torreón , A Facha , quizais tamén Celeirós ), evidencias do seu pasado medieval (A Poba) e os xacementos arqueolóxicos, compostos fundamentalmente por numerosas mámoas

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1