Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 146 nalgunhas comarcas galegas de montaña, como O Incio, O Courel e O Candán, destinadas a protexer os trobos das incursións dos osos, grandes afeccionados ao mel. Eran construídas lonxe das aldeas, en ladeiras solleiras e con frecuencia de forte pendente. No caso deste topónimo de Candeán, trataríase posiblemente dun pequeno conxunto de colmeas, situadas a pouca distancia dalgunha casa antiga da zona da Lagoa-Os Cocheiros. A apicultura é unha modalidade de gandaría de raíces prehistóricas, que se basea no manexo da abella melífera (Apis mellifera) , para a produción de mel e de cera. A palabra alvariza procede posiblemente de alvearicea (Ares Vázquez, 2007), do latín alvearium ‘panal, conxunto de celas ― ou alvéolos ― onde as abellas depositan os ovos e o alimento’. Barreira, A Conteñen esta forma dous topónimos da parroquia de Candeán: — — A Barreira (no camiño de Gondomar). — — A Casa da Barreira (sobre O Salgueiro). Unha barreira é un lugar onde abunda o barro, ou ben onde este se extrae como materia prima para elaborar obxectos cerámicos ou material de construción. A palabra barro , de orixe prerromana, é sinónimo de arxila ‘material que se encontra na camada profunda do solo composto por silicatos de aluminio, formado pola descomposición e reorganización interna de granitos e outras rochas’. Puidemos comprobar como no lugar de A Barreira existe efectivamente un depósito deste mineral de nova formación. Por outra parte, a mestura de terra con auga recibe nesta comarca o nome de lama , que presenta un carácter distinto ao barro. O segundo topónimo ten a súa orixe no alcume A Barreira , derivado quizais do apelido Barreiro . O Val de Fragoso (en concreto a parroquia de Lavadores) é un foco de irradiación deste apelido toponímico, debido á presenza do barrio de O Barreiro (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014). Campo da Porta, O É outro topónimo que se mantén inalterado desde o ano 1753 ata os nosos días. Dá nome a unha superficie agrícola que nos tempos do
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1