Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
145 T O P Ó N I M O S Vesada, A O topónimo Vesada aparece recollido en dúas zonas da parroquia: — — A Vesada ou As Vesadas , A Vesada de Arriba e A Vesada de Abaixo (está situada baixo a avenida do Aeroporto, entre Rabodeasno ― Candeán ― e O Outeiro ― Cabral). — — A Vesada . Núcleo tradicional de poboamento, que nos tempos do Catastro de Ensenada contaba cunha única casa terreña. Ademais do lugar da Vesada, rexistramos tamén os topónimos Os Campos da Vesada , A Fonte da Vesada e O Camiño da Vesada (sitúanse sobre O Caeiro). A Vesada podería formar parte do numeroso grupo de topónimos que aluden ao proceso de expansión das terras agrícolas, a custa da cavadura de moitas superficies forestais. Proceso que consistía basicamente na corta e eliminación de bosques e matogueiras, e na súa transformación en novas terras de labor. Estas cavaduras viviron o seu momento culminante entre a Alta Idade Media e o século xix . Outros topónimos que integran tamén este fértil grupo son A Cavada , A Cachada , A Rotea e A Roza . A palabra Vesada procede do latín versata , participio do verbo versare ‘abrir sulcos de terra volteada co arado’ (Navaza Blanco, 2011: 102). Segundo outros autores, o termo Vesada aludiría a terras labradas, independentemente da súa orixe (Sestay Martínez, 2010: 182). En sentido figurado, a sucesión de sucos ou liñas que o arado vai abrindo na terra expresa a cadencia dos versos das composicións poéticas. A etimoloxía da palabra verso deriva precisamente do mesmo verbo latino que lle deu lugar a este topónimo: versare . O medio social Alvariza, A É o nome dunha pequena parcela que linda coa Casa da Tía Pilar da Castiñeira , na Lagoa (A Rabadeira). A palabra galega alvariza significa ‘apiario, grupo de colmeas’, pero tamén pode designar unha colmea individual. Son moi coñecidas as alvarizas monumentais de altas paredes circulares que existen
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1