Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
143 T O P Ó N I M O S material coa que se cerra ou delimita un espazo’ (Dicionario da Real Academia Galega) . Nas parroquias de Vigo, o xenérico valado refírese ademais ás paredes de pedra que serven de contención ás terras de cultivo que se dispoñen a modo de socalcos, técnica tradicional de conservación dos solos de grande antigüidade, que permite a labrada dos campos en ladeiras de certa pendente. Este significado aparece na definición de Marcial Valladares Núñez (1884): ‘Dícese comunmente de los muros hechos de toda clase de piedra, sin cal, ni barro y cuya altura suele ser de ocho ó diez cuartas. Sirven para el cerramiento y resguardo de terrenos, ó bien para el sostenimiento de tierras’. Do substantivo valado procede o topónimo Valadares, que lle dá nome a unha das parroquias que integran o concello de Vigo, desde a anexión do desaparecido concello de Lavadores. A forma patrimonial Valadares encóntrase actualmente en perigo, desprazada polo forma castelanizada ‘Valladares’. O Valado (en plural Os Valados ) é unha superficie de cultivo situada a carón do Salgueiro , que no século xviii estaba ocupada por terras de secaño e monte. Naquel tempo, O Salgueiro aínda non estaba habitado. Derivado de valado é o topónimo Saltavalados , que aparece en dúas zonas distintas da parroquia: — — O Saltavalados (sobre Os Quintiáns, na Rabadeira). — — Os Saltavalados (sobre a Presa da Regueira, na Fonte Escura). Descoñecemos a orixe deste topónimo. Saltasebes é o nome de varias plantas de hábitos gabeadores, como as uvas de can (Tamus communis) . Non obstante, os valados de pedra ou terra (como os que abundan na parroquia) difiren moito dos valados vexetais nos que gabean estas especies. Valo O substantivo valo é sinónimo de valado (Dicionario da Real Academia Galega) . No entanto, en lugares onde conviven as dúas formas, un valo é un muro máis baixo e rústico ca o valado, que pode ser de pedra ou de terra. Esta diferenciación semántica foi observada no concello de Aranga (Couceiro, 1967). Descoñecemos o significado deste termo na parroquia de Candeán, de conservarse como xenérico.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1