Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 142 cultivo limitada por socalcos, composta por varias leiras individuais. Na nosa opinión, trátase novamente dun plural derivado da existencia de varias parcelas distintas, polo que o topónimo orixinal ben puido ser A Sueira . No Catastro de Ensenada este topónimo aparece rexistrado como «Soeiras» ou «Soeyras». Entendemos que a forma sueira ou soeira está composta pola palabra eira mais un prefixo so - (> sub -), que significa polo tanto ‘baixo a eira’. En moitos casos, ao pé das eiras situadas nos lindeiros dos núcleos rurais existen terras de cultivo dedicadas a horta, que nalgúns casos poderían tomar o nome de Soeira ou Sueira (Sestay Martínez, 2010). Analizando a localización dos dous topónimos que presentan esta forma en Candeán, vemos como efectivamente os dous se sitúan aos pés de antigos asentamentos que se poden observar no voo americano dos anos 1956 e 1957, como O Penedo e A Rabadeira. Pero que xa existían como núcleos rurais no século xviii , con seguridade no caso da Rabadeira e de modo non tan claro no Penedo. Véxase A Eira de Dentro. Travesas, As As Travesas (ou As Coutadas das Travesas ) son unhas parcelas forestais de propiedade particular situadas baixo A Fonte do Seixo. Travesa e traveso son dous adxectivos que se aplican a obxectos ou terreos dispostos de maneira perpendicular ou transversal ao respecto dalgún elemento que se toma como referencia (Navaza Blanco, 2007a). Quizais estas coutadas daban a impresión de estaren ‘atravesadas’ con relación con algún camiño ou coutada próxima. As dúas formas derivan do latín traversu , traversa ‘transversal, oblícuo’. Valadiña, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Valado, O Do latín vallatum (de vallum ‘estacada’) deriva o galego valado : ‘construción vertical non moi alta, de pedra, arame, terróns ou outro

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1