Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

141 T O P Ó N I M O S moi reducido. En Galiza estes terreos denomínanse normalmente prados ou lameiros . A orixe deste topónimo podería estar no verbo segar , do latín secare ‘cortar’, mais o sufixo abundancial - edo . A recollida de toponimia na parroquia de Candeán deparou diversos topónimos que inclúen a palabra seguedo : O Seguedo do Pontillón ou Seguedo do Muíño , Os Seguedos do Campo do Muíño , O Seguedo (na Fonte Escura), Os Seguedos dos Canquelos , Os Seguedos de Sorrego , O Seguedo de Lamas , Os Seguedos das Regueiras (Erminde), Os Seguedos dos Amieiros, O Seguedo da Fonte do Seixo , Os Seguedos da Barxa , Os Seguedos dos Carrasqueiros , Os Seguedos das Chans , O Seguedo Novo e Os Seguedos das Capitainas . Serodio, O Terra de cultivo situada na Parachán. Serodio é un adxectivo referido, polo xeral, a un produto ou froito do campo que se sementa ou recolle tardiamente, en relación cos demais da súa especie. Trátase en moitos casos de variedades que xa teñen este carácter e que presentan denominacións tales como millo serodio , castaña serodia , mazá serodia etc. É o termo oposto a temperán ou do cedo . Tamén se aplica a animais ou mesmo a persoas que naceron tardiamente. Así, un neno serodio é o que foi concibido por uns proxenitores xa maiores, ou que naceu a finais do inverno. Esta podería ser a orixe do apelido galego Serodio . Descoñecemos se o topónimo O Serodio da Parachán ten a súa orixe nun propietario que se apelidaba deste modo, ou ben se se trata dunha terra na que se recollía o froito tardiamente. A palabra serodio deriva do latín serotinus ‘tardío’. Suahorta, A Véxase A Horta. Sueira, A A Sueira ou Sueiras é o nome dunha pequena superficie agrícola situada baixo O Penedo (Erminde). Encontramos ademais un segundo topónimo As Sueiras baixo A Rabadeira. Esta última é unha área de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1