Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 140 A Roza ou As Rozas (lembremos que esta zona está dividida en varias parcelas individuais) ou Os Campos da Roza , A Coutada da Roza , A Roza das Pedras , O Cornello da Roza , O Río da Roza , A Presa da Roza , O Camiño da Roza ou Camiño do Pontillón e A Viña da Roza . O Camiño da Roza é o nome dun carreiro que discorre a carón do Río da Roza , distinto do camiño asfaltado. Este último recibe da veciñanza da zona o nome de Camiño do Lago ou Camiño do Torea . No Catastro de Ensenada están recollidas as formas «Rosa de Avajo» (ou «Roza de Avajo»), «Cocho da Rosa», «Campo da Rosa Pequeno», «A Rosa de Arriba» e «Campo da Rrosa de Arriva». Vemos como nalgún caso o topónimo rexístrase con ‘z’: «A Roza». A palabra rozar deriva do latín vulgar ruptiare , relacionado á súa vez co clásico rumpere ‘romper’. O significado antigo deste termo era ‘romper, amansar o monte’ (Marqués Valea, 2004), aínda que na actualidade rozar é sinónimo de desbravar, aplicado á corta de silveiras e vexetación leñosa. As rozas da antigüidade consistían na corta e roce de bosques e superficies de mato, que logo eran cavados e, ao cabo, transformados en novas terras de cultivo. As rozas e postas en cultivo de extensas superficies de monte sucedéronse ao longo da nosa historia, en especial desde a Alta Idade Media ata o século xix (Navaza Blanco, 2007a). Este proceso deixou abondosas pegadas na toponimia galega, onde as formas Roza e Rozada resultan frecuentes. Outros topónimos vinculados coa expansión das superficies de cultivo mediante a cavadura de montes son A Rotea , A Vesada e A Cavada . Seguedo O substantivo seguedo é un xenérico local. Designa os campos que se destinan á produción de herba e pasto permanente. Mantéñense verdes durante todo o ano debido á achega de auga que reciben, conducida a través dun rego desde o peirao dun río ou regato ata a súa cabeceira. Aínda que en menor medida, en Candeán reciben tamén o nome de herbais , aínda que algúns e algunhas informantes sinalan que esta denominación é máis propia da parroquia redondelá de Cabeiro. Noutros lugares de Vigo son coñecidos como poulos , poulas ou pouleiras . O nome de seguedo non está rexistrado nos dicionarios de galego consultados, pois trátase posiblemente dunha forma local de ámbito

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1