Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

139 T O P Ó N I M O S Rapada, A A Rapada (nomeada tamén en plural As Rapadas ) é un topónimo que se sitúa na zona de transición entre o espazo agrícola e o forestal. Inclúe terras de cultivo (Os Campos da Rapada) e parcelas de monte de propiedade particular (As Coutadas das Rapadas) , situados baixo o camiño do Cocho do Lago. Esta situación do topónimo, na superficie de contacto entre os dous medios, sería semellante á que había no ano 1753, pois o Catastro de Ensenada recolle a existencia dunha devesa, terras de secaño e regadío no lugar de «A Rapada». Rapado/a é o participio do verbo rapar ‘cortar a rente, raspar, pelar ou arrancar’. En realidade, pode presentar significados moi variados, como afeitar a barba ou a cabeza, segar a herba polo pé, arrancar algo con violencia, mondar un froito etc. Non obstante, no ámbito agrícola, un pasteiro ou unha coutada rapada ten o significado de ‘pacida ata a raíz polo gando’ ou ‘cortada a rente’ (con sacha ou coa gadaña de toxo, por exemplo, para obter o batume destinado ás cortes dos animais). Nesta acepción, a forma rapado/a estaría relacionada co topónimo Rapadouro , que aparece recollido en Saiáns (Vigo) (Navaza Blanco, 2011: 91), Chandebrito (Nigrán) etc. No caso concreto de Chandebrito, O Rapadouro é unha chaira que alternaba zonas de carrasqueira con panasqueiras nos claros herbosos, onde tamén existía unha poza temporal de gran tamaño. Aínda que hoxe en día se encontra moi alterado, no Rapadouro cortábase periodicamente o monte baixo (toxo gateño, carrascos, gramíneas…) para estrume do gando. Por outro lado, o pasto tamén era aproveitado directamente polos animais. Roza, A A nomenclatura viaria oficial de Candeán rexistra a forma Camiño da Rosa , pero en realidade o nome deste camiño sen saída, que serve de acceso á Casa do Torea , está vinculado aos campos de A Roza ; palabra pronunciada con seseo, de aí a confusión. A Roza é unha pequena superficie agrícola composta por varias leiras paralelas, situada entre A de Peña e A Quinta , nas proximidades do barrio do Salgueiro. Deu nome a diversos topónimos:

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1