Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 138 Pouleira, A Topónimo presente en dúas zonas distintas de Candeán: — — A Pouleira ou As Pouleiras (na Valadiña). — — A Pouleira , O Camiño da Pouleira e O Carreiro da Pouleira (na Igrexa). Poulo é un xenérico que designa as terras de cultivo que se deixan de traballar e quedan abandonadas ou a poulo . Noutras parroquias de Vigo (como Coruxo ou Bembrive), o substantivo poulo significa ‘prado de regadío destinado á produción de forraxe para os animais, ou pastado directamente polo gando’. En Candeán este significado está cuberto por outra forma distinta: seguedo . Unha parroquia de Vigo inclúe a palabra poulo na súa denominación: San Xoán Poulo ou San Xoán do Monte. A palabra poulo , da cal deriva o topónimo Pouleira , procede do latín pabulum ‘ pasto, forraxe, alimento para o gando’ (Marqués Valea, 2004). Queimada, A É o nome duns terreos que se encontran na zona de contacto entre As Coutadas do Ferro Vello e as veigas de Os Sileiros , en Erminde. Son coñecidas como A Queimada ou As Queimadas , aínda que tamén rexistramos a variante masculina O Queimado . Unha das leiras que existen neste lugar é denominada A Queimada Larga . A forma queimada deriva do participio latín cremata ‘queimada, reducida a cinzas’. Está relacionada semanticamente co topónimo Cernada , que procede á súa vez de cineratas , do verbo latino cinerare ‘incinerar, queimar’ (Navaza Blanco, 2007a). As queimadas , en galego e portugués, eran superficies de monte que se queimaban periodicamente para sementar nelas trigo ou centeo, en ciclos de varios anos rotando co mato. Tamén eran chamadas estivadas . As queimas forestais poderían estar na orixe doutro topónimo que tratamos así mesmo neste libro: O Busto . Aludiría neste caso a queimas de rexeneración de pastos. Véxase A Cachada. Rabadeira, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (Capítulo 3).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1