Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 12 nacentes, as fontes e as minas, as augas correntes, as augas paradas, as zonas húmidas, as infraestruturas tradicionais de regadío (como regos e presas), as súas áreas de servidume ou resíos, as terras ribeiregas, as pontes e pontellas que atravesan os ríos, os ríos vellos ou os muíños, que permitían procesar o gran dos cereais utilizando a enerxía das augas. Os topónimos que incluímos no apartado A flora conteñen o nome das especies e das agrupacións vexetais. Comprenden árbores, arbustos e herbas silvestres, así como as asociacións ou as comunidades que forman. Tamén o nome de certas partes das plantas (A Candea , A Cañoteira) ou de exemplares singulares (O Carballo de Xan Mendes) . Pero tamén tratamos as especies cultivadas: plantas hortícolas, froiteiras, cereais ou plantacións arbóreas. Aínda que é certo que a vexetación natural resultou moi afectada por cavaduras, plantacións forestais e (recentemente) pola urbanización dunha gran parte do territorio, aínda se conservan pequenas mostras das especies e das comunidades vexetais máis representativas, como o bosque de ribeira e a vexetación de brañas e turbeiras. A suma das especies características dos hábitats naturais, plantas cultivadas e outras arvenses (campos de cultivo) e humanizados deu lugar a unha flora rica e variada que deixou a súa pegada nunha abondosa fitotoponimia. En A fauna reunimos os topónimos que conteñen o nome dun animal, sexa este doméstico ou salvaxe. A gandaría existe en Candeán desde a prehistoria, cando os seus habitantes neolíticos ergueron as grandes pedras que forman a cámara megalítica da Casa dos Mouros . Xa durante a Idade de Ferro, estaban presentes en Galiza as especies máis representativas da cabana gandeira das sociedades rurais galegas de comezos do século xx . Por outra parte, tamén a fauna salvaxe achegou diversos zootopónimos á toponimia de Candeán, especialmente cando se trataba de animais que presentaban algunha relevancia particular, debido en especial á súa rareza ou ao temor que causaban. Así, algunhas pedras illadas recibiron o nome dun animal ( A Pedra do Moucho , A Pedra da Cobra etc.), que converteron estes penedos en localizadores xeográficos. Algunhas destas especies extinguíronse da parroquia, e ficaron estes topónimos como testemuñas da súa existencia pasada. Este é o caso da Pedra do Lobo , situada no Pinal do Rei (A Devesa). E quizais tamén o do «Campo doso», que aparece recollido no Catastro de Ensenada. Non sabemos se se trata dun topónimo de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1